Estás aquí:
|
Petróglifo do Monte das Croas

Petróglifo do Monte das Croas

No Monte as Croas existe un penedo illado no que se atopa un petróglifo ben conservado. No seu granito están labradas cazoletas e coviñas de pequeno tamaño e conta tamén cunha cruz de base triangular. Diferéncianse símbolos alfabetiformes.

Na parroquia de Salcedo, a poucos quilómetros deste penedo, tamén atopamos os petróglifos do Outeiro dos Matos, do Outeiro da Mina, do Mato das Cruces ou da Cachada do Vello… entre outros.