Na visita de hoxe, dirixida polo antropólogo Rafa Quintía, explicáronse lendas, literatura oral e ritos asociados ao castro, así como os usos gandeiros, forestais e sobre todo, sociais, como lugar de reunión e de celebración de ritos.
Hoxe tivemos a visita do alcalde de Pontevedra e dos representantes dos grupos políticos municipais, que coñeceron de primeira man os resultados da escavación e das tarefas que se levarán a cabo a continuación.
Tamén se procedeu á colocación do cartel que informa da financiación do proxecto de recuperación do Val de Tomeza e Salcedo.
Hoxe tamén se aproveitou para facer a documentación gráfica da cabana, que permitirá realizar unha recreación en tres dimensións.
Hoxe tivemos a visita de Victor Barbi, arqueólogo da delegación provincial de Cultura, que foi o arqueólogo que fixo a primeira escavación no xacemento, no ano 1992. Barbi explicou que eles traballaron durante dez días e confirmaron que se trataba dun castro de época antiga, pero non había datos do xacemento.
Xa se rematou de escavar a cabana, tanto na parte interior como na exterior, onde apareceron máis restos de cerámica, de características similares aos anteriores achados.
Na xornada de hoxe tivemos de novo un grupo de voluntario, que tiveron oportunidade de escavar na zona da muralla e de realizar debuxo arqueolóxico na cabana.
Tamén tivemos a visita de Xulio Carballo, arqueólogo da delegación de Cultura da Xunta en Pontevedra, que considera que o Castro das Croas ten un especial interese pola etapa do mundo castrexo á que pertence e, sobre todo, polo seu emprazamento xeográfico.
Hoxe tivemos a visita de varios expertos, entre eles Josefa Rey, profesora da USC e especialista en cerámica que está colaborando co proxecto analizando parte dos materiais arqueolóxicos que se recuperaron na escavación.
Na cabana prosíguese na escavación e atopouse un fragmento bastante grande de borde, que polas súas características permitirá afinar na cronoloxía do xacemento.
Na zona da muralla, a restauradora Aldara Rico Rey estivo facendo un mapa de alteración da muralla, para avaliar o estado de conservación da mesma e en vindeiras campañas desenvolver un programa para a súa consolidación.
Os voluntarios volveron hoxe ao castro para seguir escavando na segunda testemuña que quedaba e tamén traballaron cunha estación total, tomando puntos nun sistema de coordenadas de todo o que sae no xacemento. O equipo de arqueoloxía segue a traballar na cabana, onde apareceron novos achados de cerámica. Na muralla estase a debuxar os perfís interiores e fíxose unha cata dunha estrutura anexa, da que se descoñece a funcionalidade.
Hoxe os protagonistas foron as voluntarias e voluntarios que, en dous grupos, estiveron escavando na zona da muralla e facendo debuxo arqueolóxico na cabana. Seguen os traballos na cabana, na que se empeza a afondar para poder atopar algún resto arqueolóxico. Na zona da muralla apareceu unha estrutura anexa, que se está estudando para saber a que se corresponde realmente.
Os arqueólogos comenzaron hoxe a retirar a segunda testemuña da muralla. Retomouse a escavación na cabana e houbo unha visita dos técnicos do servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Paralelamente, estase a realizar un traballo de recollida etnográfica na contorna do castro e documentando usos sociais, agrarios e rituais do xacemento.
A xornada de hoxe comezou cunha visita guiada na que participaron máis de 30 persoas. Nos traballos, estase a debuxar a parte exterior da muralla e a definir o que semella un bastión. Tamén se recolleron mostras das testemuñas que quedaron da escavación do ano 1993 para facer unhas análises polímicas, que axudarán a reconstruir a vexetación que había no momento de construcción do poboado.
Seguen os traballos de limpeza na muralla e empezouse a debuxar o alzado e o plano da muralla. Na cara interna da muralla continúa a escavación dos testigos arqueolóxicos, onde apareceron restos de cerámica.
Xestionar o consentimento
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou ID únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.
Funcional
Sempre activo
O almacenamento técnico ou o acceso é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade ou para rastrexar o usuario nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.